Saco Gómez, Miguel

Saco Gómez, Miguel

(Ourense 1956) Escultor. Vinculouse aos movementos artísticos de vangarda, que se desenvolveron en Galicia na década de 1980, e instalouse en Nova York. Cultiva unha obra cualificada de conceptualista caracterizada pola simplificación. Traballou a madeira, o barro e a pedra, e dedicouse á restauración de mobles e de interiores. Participou en numerosas exposicións tanto en Galicia coma fóra dela (Nova York, Barcelona, Emiratos Árabes Unidos, etc). A súa obra está representada en coleccións públicas e privadas.