sacramento

sacramento

(<

  1. s m [RELIX]

    Signo sensible e eficaz da graza, segundo a teoloxía tradicional. Concepto ligado ao de signo e ao de símbolo, comprende as nocións de misterio e de rito. Na historia das relixións, emprégase a expresión para indicar todas aquelas accións rituais destinadas a facer participar, momentaneamente ou dunha maneira permanente, ao home coa divindade. Entre as diversas formas de rito sacramental sobresae a comida sagrada, que aparece en todos os niveis de relixión desde o totemismo e canibalismo ata as iniciacións mistéricas e a celebración cristiá da Eucaristía, e que dunha maneira ou outra aspira á fusión ou comuñón con Deus. Na teoloxía cristiá, o termo adquiriu co tempo un valor técnico para indicar as principais celebracións rituais da Igrexa centradas en cada un dos momentos importantes da vida: nacemento, comida, relacións de amor e convivencia, enfermidade e morte. Durante o primeiro milenio reservouse este concepto aos sacramentos da iniciación: bautismo, confirmación e eucaristía. A teoloxía medieval sistematizou o actual nome dos sete sacramentos: bautismo, confirmación, eucaristía, penitencia, extremaunción, orde e matrimonio, setenario definido polo Concilio de Florencia (1439) e confirmado polo de Trento (1547). A insistencia no concepto de eficacia dos ritos por parte católica conlevou unha valoración unilateral do aspecto de signo por parte dos protestantes, que despois dalgunhas vacilacións manteñen dous: o bautismo e a cea. A actual teoloxía, baseada na renovación litúrxica e patrística, explíca mellor a orixe divina e a institución por Xesus Cristo.

  2. santísimo sacramento/ sacramento do altar [RELIX]

    Hostia consagrada.

  3. últimos sacramentos [RELIX]

    Sacramentos da penitencia, eucaristía e extremaución que se administran a unha persoa en perigo de morte.

Palabras veciñas

sacramental | sacramentar | sacramentario -ria | sacramento | Sacramento | Sacramento | sacrarium*