sacrificio
(
-
s
m
Acción de sacrificar ou de sacrificarse.
-
-
s
m
[HIST/RELIX]
Doazón, renuncia ou inmolación que fai unha persoa ou unha comunidade relixiosa á divindade, como resposta á súa manifestación previa. Parte integrante do culto, o sacrificio é máis que a simple ofrenda e comporta a destrución, sexa en forma de comida, cremación, libación ou doutro modo, dunha vítima. A destrución e a morte atópanse no centro do sacrificio. A teoría moderna de orixe predeística do sacrificio afirma que este é unha acción máxica, sobre todo naqueles casos nos que a vítima é aniquilada. Outra concepción considera o sacrificio como ofrenda, baseada nun concepto de deus antropomórfico e no convencimento de que a ofrenda é compracente a un Deus persoal. Segundo unha concepción antiga, testemuñada pola narración bíblica dos sacrificios de Caín e de Abel, así como pola Ética a Nicómaco de Aristóteles, a ofrenda das primicias foi a forma máis primitiva de sacrificio. Modernamente, W. Schmidt mantivo esta teoría e afirmou que a ofrenda principal era un recoñecemento por parte do home da soberanía divina e o seu dereito absoluto de propiedade. A concepción animista, partindo do culto aos mortos, tende a converter o sacrificio en medio necesario para a vida. Os ritos de destrución acentúan o aspecto de renuncia. A Biblia recoñece unha complicada ordenación dos sacrificios: cruentos ou incruentos segundo a materia; e sacrificios crematorios (holocaustos), pacíficos e de expiación, segundo a súa finalidade. O sacrificio pacífico tiña o carácter dunha oblación da acción de grazas, de súplica ou de voto (neste último caso, estaba asociado á comida votiva, na que se comía a carne da vítima). O sacrificio de expiación servía para restablecer a alianza perturbada. Ao longo da historia aparece unha progresiva interiorización do sacrificio que nos profetas e en Xesús está limitada a unha crítica do cumprimento externo sen unha disposición interior, e que en san Paulo, na Carta aos hebreos, chega á abolición en función do único sacrificio perfecto, o de Xesús Cristo na cruz.
-
sacrificio da cruz
[RELIX]
Morte voluntaria de Xesús na cruz para expiar os pecados do home.
-
sacrificio incruento/sacrificio do altar/santo sacrificio
[RELIX]
Celebración da misa.
-
s
m
[HIST/RELIX]