sadita
sadita
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía sadita.
-
s
[HIST]
Membro dunha dinastía xerifiana que reinou en Marrocos entre 1542 e 1660. Fundada polo xeque Muḥammad al-Mahdī, iniciou a supremacía árabe fronte aos anteriores gobernos de orixe bérber. As loitas dinásticas entre o mawlāy Muḥammad e o seu tío ‘Abd al-Malik provocaron a intervención portuguesa e despois da Batalla de Alcazarquivir’ (1578) foi proclamado sultán o fillo de ‘Abd al-Malik, Aḥmad al-Manṣur, que representou o momento máis esplendoroso da dinastía. Á súa morte (1603) comezou a anarquía e a fragmentación do país ata que o derradeiro sultán saudita morreu asasinado en 1660 e se iniciou o poder dos xerifes de Tafilelt, os alauitas.