saffárida
saffárida
(< antropónimo Ya’quībibn al-Layt al Saffar)
-
Relativo ou pertencente á dinastía saffárida.
-
s
[HIST]
Membro da dinastía fundada por Ya’quīb ibn al-Layt al-Saffar en Siyistān (863). A dinastía recoñeceu a ‘Amr ibn al-Layt (879-903?), irmán e sucesor de Ya’quīb, como soberano de Jurasan, Fārs, Siyistãn e Sind. ‘Amr ibn al-Layt tentou arrebatarlle Transoxiana aos samánidas pero caeu prisioneiro preto de Balj e foi enviado ao califa, quen o mandou executar. Os seus descendentes conservaron aínda algún poder en Siyistān baixo a tutela samánida ata comezos do s XI.