šafi’ī*
šafi’ī*
adx
[DER/ISLAM]
Escola xurídica musulmá fundada por Abū ‘Abd Allāh Mu ḥ ammad al-Šafi’ī, de quen toma o nome, unha das catro escolas consideradas ortodoxas polo Islam (šarī’a). Procurou manter o equilibrio entre a razón e a sunna, fixando esta última como fonte do dereito. Foi seguida en Bahrain, Iemen, Insulindia, Exipto, o Daguestán e boa parte da Asia oriental e central.