sagrado -da
(< lat sacrātu)
-
adx
[RELIX]
Que está relacionado coa divindade, coa relixión e cos seus misterios. Concepto fundamental no estudo das relixións que se contrapón a profano. Emile Durkheim (1897), seguindo a R. Smith (1894), foi o primeiro que definiu a oposición sagrado-profano: o sagrado é o separado, o prohibido, e o culto mantén a barreira entre o sagrado e o profano, que son incompatibles e antagónicos. O mundo do sagrado é o ámbito dos tabús, o mundo dos imperativos categóricos negativos. E. Durkheim e M. Mauss identificárono totalmente co social, o profano era o ámbito do individual non sancionado polo grupo. N. Söderblom (1913) puxo de relevo que o sagrado era a noción máis importante da relixión, ata incluso máis esencial ca a idea de Deus. Rudolf Otto en Das Heilige (1917) situouse nesta mesma liña e puxo toda a énfase no sagrado como fascinosum e tremendum, é dicir, asemade como atraente e repulsivo.
-
adx
Que é merecedor de ser tratado con respecto e veneración.
-
adx
Que é obxecto de reverencia relixiosa.
-
adx
Que ten a condición de inviolable.
-
s
m
Lugar bendito, sobre todo o adro da igrexa ou o cemiterio.
-
Sagradas Escrituras
[RELIX]
Biblia.