Saint-Gobain-Pont-à-Mousson

Saint-Gobain-Pont-à-Mousson

Empresa industrial francesa constituída en 1970 pola integración das compañías Saint-Gobain e Pont-à-Mousson. A primeira foi fundada no s XVIII por iniciativa de Colbert e dedicada á industria do vidro, á química e á petroquímica; e a segunda fundada a mediados do s XIX e dedicada á construción mecánica. Na década de 1970 realizou unha ambiciosa política de reestruturación das actividades tradicionais do grupo (vidro, material de construción e embalaxe). En 1980 o goberno francés nacionalizouna e en 1986 anunciouse a súa reprivatización. En España controla Cristalería Española SA.