sala

sala

(< al *sal ‘edificio dunhasoa peza de recepción’)

    1. s f

      Cuarto principal dunha casa onde se adoita recibir visitas.

    2. s f

      Cuarto espazoso dun palacio ou dun edificio público con diferentes finalidades que está destinado a congregar a moitas persoas.

    3. s f

      Lugar espazoso onde se celebran audiencias dunha autoridade ou tribunal.

    4. sala de armas

      Cámara onde se gardaban as armas nos castelos e palacios.

    5. sala de operacións [MED]

      quirófano.

  1. [DER]
    1. s f

      Cada unha das seccións administrativas ou xurisdicionais en que se divide o Tribunal Supremo, a Audencia Nacional e os tribunais superiores de xustiza.

    2. s f

      Conxunto de maxistrados que se reúnen corporativamente para xulgar e resolver os litixios sometidos á súa competencia.

    3. sala de goberno

      Organismo formado no Tribunal Supremo, na Audiencia Nacional e nos tribunais superiores de xustiza que ten funcións disciplinares, de goberno e de organización. Está formado polo seu presidente e os presidentes da sala; na do Tribunal Supremo e na da Audiencia Nacional forman parte tamén un número igual de maxistrados do mesmo tribunal.

    4. sala de vacacións

      Conxunto de maxistrados que constitúen o Tribunal Supremo e as audiencias territoriais, con carácter supletorio, durante as vacacións, para resolver asuntos urxentes.

  2. [HIST]
    1. s f

      Cada un dos tribunais dependentes, no Antigo Réxime, dos tribunais superiores, chancelarías e audiencias, que entendían de diversos asuntos.

    2. sala de apelación

      Tribunal que, no Antigo Réxime, examinaba e decidía sobre preitos sentenciados e que non excedían de 10.000 marabedís.

    3. sala de Indias

      Tribunal, que no Antigo Réxime entendía dos asuntos colonais e que dependía dun tribunal superior.

    4. sala de mil e cincocentas

      Tribunal que, no Antigo Réxime, entendía dos asuntos graves, como recurso de suplicación.

    5. sala do crime

      Tribunal que no Antigo Réxime entendía das causas criminais e que dependía dun tribunal superior.

  3. sala de festas

    Local público onde se baila, se bebe e hai actuacións musicais.