salicáceo -a
salicáceo -a
(< lat científico Salix)
-
adx
Relativo ou pertencente ás salicáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das salicáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de salicais formada por árbores ou arbustos caducifolios e dioicos, de follas simples, alternas e estipuladas, de flores unisexuais, sen perianto, dispostas en amentos e xeralmente anemógamas, de froitos en cápsula de dehiscencia valvar, e de sementes con longos pelos sedosos. Son propias case todas das rexións temperadas e frías do hemisferio norte. Pertencen a esta familia o vimieiro e os salgueiros.