salina
(< lat salīnas)
-
s
f
[XEOL/IND]
Lugar do que se extrae sal común, mediante evaporación da auga de mar, de lagos ou fontes de auga salgada, ou mediante extracción dunha mina, dun xacemento de sal xema ou de salmoira saturada. Nas zonas de insolación longa e intensa, as augas salgadas, especialmente as de mar, son sometidas á evaporación gradual en dúas series sucesivas de balsas de pouca profundidade. Nas balsas da primeira serie a auga salgada concéntranse sales de ferro e unha parte importante do sulfato de calcio, mentres se precipitan ao fondo algunhas impurezas, como o carbonato cálcico. A precipitación do sal sucede pouco despois de pasar a auga da primeira serie de balsas á segunda, en que continúa a evaporación. Polo que respecta ao sal xema, se se parte do mineral, fúndese en fornos rotativos a unha temperatura duns 800°C e as impurezas sepáranse mediante precipitación, mentres que o cloruro sódico líquido se verte, ben en moldes, triturando posteriormente o sal, ben en bandexas de arrefriamento, en que se remove constantemente mentres cristaliza en grans grosos. O procedemento empregado para conseguir o sal de salmoiras, obtidas ao inxectar auga doce no seo do xacemento, consiste en eliminar as impurezas mediante medios químicos e en evaporar despois a auga. OBS: Úsase xeralmente en plural.
-
s
f
[XEOL]
Xacemento natural de sal xema.
-
s
f
[IND]
Empresa que se dedica á obtención de sal a partir de sal xema ou de salmoira.