Salmo
Salmo
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir do 1 de marzo de 1952. Subtitulada “Club de pesca deportiva”, foi unha publicación deportiva e especializada no mundo da pesca. Dirixida por Manuel Mª Castro, Fernando Alonso e Guzmán Mayor, tivo unha periodicidade irregular. Incluíu información sobre campionatos, guía de pesca fluvial, concursos e artigos de opinión.