salmón

salmón

(

  1. [ANIMAL/ICT]
    1. s m

      Peixe da familia dos salmónidos que pertence á familia dos Salmo, Oncorhynchus ou Coregonus, co corpo fusiforme.

    2. salmón atlántico [port: salmão-do-atlántico; cast: salmón atlántico; ingl: atlantic salmon] [Salmo salar, Fam dos salmónidos]

      Peixe da familia dos salmónidos co corpo fusiforme e alongado, ollos pequenos e aletas pectorais e pélvicas pequenas. Amosa cor cinsenta no dorso, máis clara nos flancos, e o ventre prateado. É unha especie anádroma cun ciclo de 1 a 3 anos nos ríos, onde se alimenta de invertebrados, e 1 a 3 anos no mar, onde se alimenta de crustáceos e peixes.

    1. adx

      Que ten a cor da carne do salmón.

    2. s m

      Cor rosa clara tirando a alaranxada, como a do salmón.