Salomé
Salomé
[ONOM]
Antropónimo feminino que provén dunha helenización do nome feminino arameo Shalôm, que probablemente por etimoloxía popular se relacionaba con shalôm ‘paz’, pero que pode estar ligado coa raíz verbal shalam ‘substituír’. O significado orixinario sería ‘Deus substituíu’, que foi imposto a nenos nados despois dun fillo morto. Considerouse a forma feminina de Salomón.