salterio

salterio

(< lat psalterĭu < grψαλτήριον)

  1. s m [RELIX]
    1. Recompilación de salmos.

    2. Libro dos Salmos.

    3. Parte do Breviario que contén as horas canónicas de toda a semana, cos salmos correspondentes e sen incluír as leccións e as oracións que os acompañan.

  2. s m [RELIX]

    Rosario da Virxe, chamado así debido a que está composto de 150 avemarías, que é o número de salmos que integran o salterio bíblico.

  3. s m [MÚS]

    Instrumento medieval de corda, con teclado, no que as cordas son indistintamente golpeadas ou pinzadas. Componse dunha caixa de resonancia triangular ou trapezoidal, que ten de sete a dez cordas. A partir do s XVI foi posto sobre unha mesa e as cordas percutíanse con martelos.

Palabras veciñas

salteador -ra | saltear | Salteras | salterio | Saltes, Taifa de | Saltillo | saltimbanqui