salva

salva

(< salvar)

  1. s f

    Descarga de armas de fogo en sinal de festa ou de saúdo.

  2. s f

    Conxunto de disparos que se descarga simultanemente sobre un obxectivo durante o combate.

  3. s f

    Proba que se facía da comida e bebida dos reis antes de servila para comprobar que non estivese envelenada.

  4. salva de aplausos

    Aplauso unánime que se tributa a alguén en sinal de aprobación ou recoñecemento.