salvaxe
salvaxe
(< occit salvatge)
- adx
-
adx e s
Que ou quen pertence a unha civilización primitiva.
-
adx e s
Que ou quen se comporta de forma violenta e pouco civilizada.
-
mito do bo salvaxe
[MIT/LIT]
Mito da existencia dun home forte, virtuoso e simple, que vive en rexións case inaccesibles, e que se atopa aínda nas condicións paradisíacas do principio do mundo porque se mantivo fiel á natureza. Fundamentado nas noticias dos descubridores, o mito madurou na literatura europea do s XVI.