samario
samario
(< antropónimo Samarsky,científico ruso)
-
s
m
[QUÍM]
Elemento químico, de número atómico 62 e peso atómico de 150,35, descuberto por Lecoaq de Boisbaudran en 1879. Pertence ao grupo IIIB da táboa periódica e é un dos metais da serie dos lantánidos. Está presente na natureza, xunto con outros lantánidos, na monazita, da que constitúe un 3% do peso, e a súa separación efectúase mediante técnicas de intercambio iónico e extracción con disolventes. O samario natural é unha mestura de 7 núclidos, tres dos cales
-
óxido de samario (III)
[QUÍM]
Composto que se utiliza na fabricación de vidros especiais e como absorbente de neutróns en reactores nucleares.