Samarugo, pazo de
Samarugo, pazo de
Construción situada en Vilalba. Está formada por un corpo rectangular ao que se lle engadiu un saínte, cunha escalinata barroca. Segundo a topografía do terreo, ten unha planta na zona de abaixo e baixo e andar no lado oposto. Conserva un torreón. A fachada é de cantaría e conserva un brasón coas armas dos Osorio, Ulloa e Aguiar. A primitiva edificación pertenceu ao mariscal Pardo de Cela e foi derrubada daquela.