2 san
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo san.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de África suroccidental, da raza khoisánida. Difundidos antigamente por todo o S de África, redúcense a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas da área comprendida entre o río Okavango e o lago Ngami, nas terras áridas do Kaukauveld e do Omaheke, e noutras zonas do Kalahari e o Namib. Practican a gandaría de gando cabrún. Cren nun xenio do bush ou trasno da matogueira, que personifica as forzas da natureza, e nos espíritos dos mortos, e efectúan practicas máxicas, especialmente para favorecer a caza.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum khoisan que fala o pobo san. Caracterízanse pola súa riqueza na variedade dos tons e dos clics.
-
arte san
[ARTE]
Conxunto das pinturas e gravados rupestres de África austral. Diferéncianse estilisticamente dous grupos, un de época relativamente moderna, que se caracteriza pola representación da figura humana en escenas de danza, caza, loita ou maxia, estendido nos actuais territorios da República Sudafricana, Botswana, Lesotho e Ngwane; e outro cronoloxicamente anterior, aparecido na mesma zona, que se caracteriza por un realismo zoomórfico de tipo estático que prescinde practicamente da figura humana.
-
adx
-
[ANTROP/FISIO]
-
subraza san
Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida que está formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa (1,51-1,57 m), cos caracteres xerais dos khoisánidos, pero co nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoikhois.
-
adx
Relativo ou pertencente á subraza san.
-
s
Individuo da subraza san.
-
subraza san