San Cosme, dolmen de

San Cosme, dolmen de

Construción megalítica situada no alto de San Colmado en Cela (Mos), que tamén se denomina anta do Meixoeiro, anta das Minas ou dolmen de Cela. Trátase dunha anta de corredor da que se conservan cinco esteos, só falta o que a pecharía, e unha tampa de grandes dimensións.