San Marcial, marquesado de

San Marcial, marquesado de

Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1834, a título póstumo, a Manuel Freire de Andrade (Osuna 1765-1834). De orixe galega, foi coronel, participou na Guerra da Independencia e foi nomeado ministro de Guerra en 1814 pero non ocupou o cargo. Partidario de Isabel II, foi comandante en xefe da Guardia Real e capitán xeneral de Madrid. Sucedérono os seus fillos Manuel Freire de Andrade e Abad , II marqués de San Marcial, e José Freire de Andrade e Abad , III marqués de San Marcial. En 1872 suprimiuse o título. Trae por armas as mesmas ca as dos Freire.

Palabras veciñas

San Mamede do Río | San Mamede dos Anxos | San Mamede, serra de | San Marcial, marquesado de | San Marco | San Marcos | San Marcos