San Martín de Quiroga, condado de

San Martín de Quiroga, condado de

Título concedido por Afonso XII en 1884 a María Manuela Vázquez de Quiroga Queipo de Llano e Prado (?-1910), filla dos marqueses de Torre Novaes de Quiroga. O II conde de San Martín de Quiroga foi o seu neto Xosé Quiroga Velarde (Viloira, O Barco de Valdeorras 1873 -? 1935?), deputado polo distrito de Valdeorras (1907-1908) e gobernador civil de Ávila (1908). Os seus sucesores foron Rafael Quiroga de Abarca (Santander 1907 -?), III conde de San Martín de Quiroga, e Rafael Quiroga Seguí , IV conde de San Martín de Quiroga desde 1992. Trae por armas, en campo de goles, cinco paus de prata, recortados e aguzados en punta. No timbre, coroa condal.