San Pedro, pazo de

San Pedro, pazo de

Construción situada en Bembribe (Taboada). Ten planta en forma de U que forma un patio interior con arcadas no piso baixo e columnas no superior, cun corredor que percorre as tres ás. O patio está pechado cun muro en que se abre un arco de medio punto sobre o que se sitúa unha pedra de armas. Conserva unha torre e unha escaleira de pedra.