San Salvador de Parga, pazo de

San Salvador de Parga, pazo de

Construción situada en San Salvador de Parga (Guitiriz). De planta rectangular e dúas alturas, a fachada principal ábrese cara a un patio interior e ten un soportal no medio e unha balconada na planta superior. O acceso ao patio realízase por un portón. Conserva un escudo na fachada principal e outro na capela.