San Xusto, ponte de
San Xusto, ponte de
Construción situada sobre o río Lérez en San Xusto de Sacos (Cotobade). Foi construída en cantaría no s XVIII, e ten un arco de medio punto lixeiramente alombado e apoiado en rochas. Atópase no antigo camiño de Cutián a Lixó.