Sancti Spiritus, convento do

Sancti Spiritus, convento do

Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.

Palabras veciñas

sancta sanctorum* | sancta* | Sancti Spíritus | Sancti Spiritus, convento do | Sanctis, Francesco de | sanctus* | Sand, George