Sandoz
Sandoz
Grupo industrial químico suízo, con domicilio en Basilea. Fundouse en 1886 para dedicarse á fabricación de colorantes e en 1938 constituíuse en sociedade anónima estendendo as súas actividades aos produtos farmacéuticos, alimentarios e agroquímicos. En 1967 adquiriu o control de Wander e entrou no mundo da dietética. Está presente en España a través de Sandoz SAE, establecida en Barcelona desde 1924. En 1996 fusionouse con Ciba-Geiby para formar Novartis.