sanhaja

sanhaja
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sanhaja.

  2. s [ETN]

    Individuo da tribo sanhaja.

  3. s m pl [ETN]

    Tribo bérber orixinaria do Magreb meridional e central. Está subdividida en varios grupos: o instalado na actual Tunisia e Alxeria, que foi vasalo dos fatimitas fronte á súa confederación rival zenāta ata que se independizou formando a dinastía zirida; o grupo que constituíu (1017-1152) a dinastía hammadita; o grupo lamtuna, do que xurdiu o Imperio Almorábide; e o grupo tuareg formado por un conxunto de tribos nómades do Sáhara interior. A tradicional rivalidade entre os sanhaja e os zenāta tivo influencia entre os inmigrantes a Al-Andalus, sobre todo nas loitas dinásticas que provocaron a caída do Califato de Córdoba.

Palabras veciñas

sanguinolento -ta | Sanguisorba | Sanguñedo | sanhaja | sanícula | Sanicula | sanidade