sanidina
sanidina
(
s
f
[MINERAL]
Aluminosilicato de potasio, de fórmula KAlSi3O8 que cristaliza no sistema monoclínico, con cristais prismáticos, curtos e incoloros. Pertence ao grupo dos feldespatos, e é polimorfo da ortosa e da microclina. Ten unha dureza de 6 e unha densidade de 2,56.