sans-culotte*

sans-culotte*
s m [HIST]

Cada un dos revolucionarios provenientes dos estamentos populares, durante a Revolución Francesa. O nome deriva do feito de levar, a partir de 1792, o pantalón longo de raias en lugar do culotte ou calzón curto, considerado un dos símbolos do Antigo Réxime. Caracterízanse por unha ideoloxía democrática e radical, participaron activamente nos alborotos revolucionarios, e a súa influencia foi importante no período xacobino (1793-1794). Foron neutralizados definitivamente por Napoleón (1799).