Santa Cruz, pazo de

Santa Cruz, pazo de

Construción situada en Bueu. Fundouno no s XVII Fernando de la Rúa. Ten planta irregular, cun formato que se achega á planta en L, con baixo e piso. A parte máis antiga é rectangular e conserva as ameas e as gárgolas nas esquinas. Conserva tres muros, un que percorre a propiedade, outro a capela e un terceiro que permite o acceso ao patio e desde este á vivenda a través dun portal arquitrabado, decorado con imaxes de músicos. Nunha das fachadas conserva un escudo que alude aos Rúa, Novoa, Pimentel e España.