Santa Mariña, necrópole de

Santa Mariña, necrópole de

Necrópole megalítica situada no concello do Incio, nunha chaira en que se localizaron un total de 24 mámoas, das que 11 presentan restos de estruturas megalíticas. O dolmen que se atopa nun mellor estado de conservación conta cunha cámara de 5,60 m de lonxitude e 2,80 m de diámetro, que está constituída por nove lousas chantadas pero carece de cuberta.

Palabras veciñas

Santa Mariña do Monte | Santa Mariña do Monte | Santa Mariña, costa | Santa Mariña, necrópole de | Santa Marta | Santa Marta | Santa Marta