Sant’Angelo, castelo

Sant’Angelo, castelo

Fortificación situada na beira esquerda do Tíber en Roma, fronte á ponte homónima e preto do Vaticano. Foi construído (135-139) como Hadrianaeum ou Mausoleo de Adriano e da familia imperial ata Setimio Severo. En tempos de Aureliano (271) converteuse en fortificación pola súa situación estratéxica. Cambiou a miúdo de posuidores, sobre todo durante a Idade Media, pero mantivo sempre a función de defensa e refuxio. Cárcere e cuartel pontificio e tamén de Italia ata 1901, foi restaurado e convertido no Museo Artistico e Militare.

Palabras veciñas

santuñira | Santurce | Santurtzi | Sant’Angelo, castelo | Sant’Antioco | Sant’Elia, Antonio | Sant’Eufemia, golfo de