santísimo -ma

santísimo -ma

(< lat sanctissĭmu)

  1. adx

    Que é moi santo.

  2. adx

    Que é digno de respecto e veneración, na relixión católica.

  3. s m [RELIX]

    Hostia consagrada que representa a Xesús Cristo na Eucaristía. OBS: Adoita empregarse en maiúscula.

  4. capela do Santísimo [RELIX]

    Capela, normalmente lateral ou á parte, onde se garda a hostia consagrada. OBS: Tamén se denomina capela fonda ou santísimo.

  5. expoñer o Santísimo [RELIX]

    Mostrar a hostia dentro da custodia ou o copón e poñela para a adoración dos fieis.

  6. santísimo padre [RELIX]

    Título honorífico dado ao Papa e a algúns patriarcas.

Palabras veciñas

santiño | Santiorxo | Santiponce | santísimo -ma | Santiso | Santiso | Santiso