Santo Antón, castelo de

Santo Antón, castelo de

Antiga fortaleza situada na Coruña. A súa construción iniciouse en 1587 nun illote na entrada da ría, onde estaba a ermida de Santo Antón. Foi imprescindible para protexer á cidade do ataque de Francis Drake (1589), aínda que estaba sen rematar. As obras foron definitivamente impulsadas por Filipe II, despois de que o seu pai, Carlos I, instalara na cidade a Casa de Contratación de Especias. Con planta irregular, murallas ameadas de cantaría e torres de vixilancia, o conxunto finalizouse en 1776 coa construción da casa do Gobernador e a casa do Botero. No s XX, cando perdeu a súa finalidade estratéxica uniuse á terra por medio dun dique. Foi tamén prisión militar. En 1960 foi cedido ao concello polo Ministerio do Exército e desde 1964 converteuse en sede do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, que se inaugurou como tal en 1968.

Palabras veciñas

Santo Antolín | Santo Antón | Santo Antón | Santo Antón, castelo de | Santo Antoniño | Santo Antonio | Santo Antonio