Santo Isidro, pazo de
Santo Isidro, pazo de
Construción situada en Mondoñedo. Ten planta irregular, con varias dependencias de planta rectangular levantadas con muros de cachotaría. Ten muralla e patio na parte posterior e conserva o pombal e unha capela (s XVII), na que destacan catro laudas sepulcrais do s XIX e os retablos barroco e renacentista. O recinto rodeouse cunha muralla.