santuario

santuario

(

  1. s m [RELIX]
    1. Capela, igrexa ou lugar que adquiriu carácter sagrado a causa dunha revelación da divindade, da Virxe ou dalgún santo, ou ben que conserva reliquias ou imaxes e que chegou a ser centro de devoción e peregrinación. Existen en todas as relixións. Os primeiros santuarios cristiáns foron capelas edificadas sobre as tumbas de mártires ou de santos famosos; máis tarde, templos que conservaron imaxes milagreiras ou conmemorativas de aparicións.

    2. Presbiterio separado da nave polo iconostasio, nas igrexas orientais.

    3. sancta sanctorum.

  2. s m

    Lugar íntimo e reservado que cómpre respectar.