sapiencial
sapiencial
(
-
adx
Relativo ou pertencente á sabedoría.
-
libros sapienciais
[RELIX]
Conxunto de libros do Antigo Testamento integrado polo Libro de Xob, o Libro dos Proverbios, o Eclesiastés, o Cantar dos Cantares e os deuterocanónicos: o Libro da Sabedoría e o Eclesiástico. A maior parte deles foi escrita en poesía e en formas literarias diversas como diálogos ou cantos de amor.