saprobio -bia
saprobio -bia
(< sapro- + -bio)
-
adx
[BIOL]
Que se desenvolve sobre un ser orgánico morto ou sobre substancias orgánicas.
-
s
m
[BIOL]
Organismo que se desenvolve nos medios acuáticos continentais caracterizados pola presenza dunha cantidade, máis ou menos grande, de materia orgánica. Na práctica, a presenza destes organismos considérase como un sistema indicador dos diferentes graos de polución da auga. Segundo a cantidade de materia orgánica, fálase de organismo oligosaprobio, mesosaprobio e polisaprobio.