Saprogal
Saprogal
Empresa nacida en 1965 da fusión de Galpisa coa multinacional americana ConAgra Foods. Desde 2004 pertence a The Carlyle Group e en 2005 adquiriu Nutasa Nutrição Animal e Produtos para a Pecuaria, SA. Ten a súa sede en San Pedro de Nós (Oleiros) e conta con diversas plantas de produción en España e Portugal. Dedícase á produción de pensos compostos para animais de produción e de alimentos para animais de compañía e á comercialización de produtos agropecuarios a través da central de compras MERCAMPO. Ten unha cifra de vendas de máis de 230 millóns de euros.