saramago

saramago

(< ár sarmaq)

Nome científico: [Raphanus raphanistrum,Fam das brasicáceas]
s m [PLANTA]

Planta erecta de flores tetrámeras amarelas, brancas ou violáceas, dispostas en acios, con froito estreito e cilíndrico, de tipo silicua. Florece entre marzo e xullo. As follas carecen de estípulas e estan lobadas e profundamente fendidas. Ten a raíz engrosada e un talo de ata 80 cm de altura. Habita en zonas de rochedos e areais, preto da costa, e distribúese por case todas as costas europeas, tamén nas galegas, onde é máis abondosa no N ca no S.

Sinónimos