Sarawak

Sarawak

Estado da Malaisia, situado na costa NO da illa de Borneo (124.450 km2; 2.071.506 h [2000]). A súa capital é Kuching (152.310 h [2000]). A poboación dedícase ao cultivo de arroz, á pesca e á caza. Posúe xacementos de petróleo, ouro e fosfatos. Islamizada no s XV, dependeu do sultán de Brunei ata que foi concedida a James Brooke (1841). Os seus descendentes gobernárono como estado independente ata 1888 e como protectorado británico ata a ocupación xaponesa (1942-1945). Colonia británica (1946), ingresou na federación de Malaisia (1963).

Palabras veciñas

Saratov | Saratov | Saravan | Sarawak | sarcasmo | sarcástico -ca | Sarcelles