Sarcoramphus

Sarcoramphus
[ANIMAL/ORNIT]

Xénero de aves da familia dos catártidos, da orde dos falconiformes. A especie máis coñecida é o S. papa, de 80 cm, cor abrancazada, excepto o rabo e as remeiras primarias e secundarias, que son negras, e a base do pescozo, que é de cor gris escura. Habita en selvas, bosques e terreos abertos desde México ata o N de Arxentina.

Palabras veciñas

sarcopterixio -xia | Sarcoptes | sarcopto | Sarcoramphus | sarcose | sarcosina | sarcosoma