Sarcosphaera
Sarcosphaera
[FUNGO]
Xénero de fungos, da familia das pecizáceas, que se caracteriza por presentar un carpóforo en forma de copa, de cor branca ou gris, co interior de cor violeta forte. Algúns pódense atopar de marzo a xuño en solos calcarios tales como os piñeirais dunares. Algúns exemplares son tóxicos en cru, e aínda cocido poden resultar perigosos.