Sardes
Sardes
Antiga cidade de Asia Menor. Capital do Reino de Lidia, foi destruída polos cimerios no s VII a C, reconstruída polos gregos e foi sede da satrapía persa de Lidia. Conquistada por Alexandre o Grande, pasou a Lisímaco e, en 287 a C, aos seleúcidas. Formou parte do Reino de Pérgamo (189 a C) e do Imperio Romano (133 a C). Destacan os restos do templo de Artemisa, da época helenística.