sarillo

sarillo

(< lat v *serĭculu)

  1. s m

    Peza de madeira do tear formada por varias aspas que xiran con rapidez e envolven o fío en madeixas.

  2. s m

    Armazón de madeira feita con varios paus entrecruzados que se coloca enriba da lareira para pendurar chourizos e outros alimentos mentres curan.

  3. s m

    Torno accionado por unha manivela que se emprega para levantar pesos.

  4. s m

    Cousa ou conxunto de cousas moi enleadas ou mesturadas sen orde.

  5. s m

    Persoa que non para quieta.

Palabras veciñas

Sārī | Sariego | Sariegos | sarillo | Sariña, A | Sariñena | Šāriqa, Al-