Satiricón

Satiricón
[LIT]

Relato de aventuras escrito por Petronio dentro do ton realista dos satíricos romanos. Os nomes dos seus personaxes son gregos e a acción desenvólvese, a través de diversas capas sociais, mentres viaxan pola Campania e a Italia meridional. Só perduraron fragmentos descosidos dos libros XV e XVI.