sátiro
sátiro
(< lat satyrus < grσάτυροζ)
-
s
m
[MIT]
Semideus silvestre grecorromano que, xeralmente, habitaba nos bosques xunto ás ninfas. Tamén denominados silenos, especialmente cando chegan á vellez, os sátiros gregos, de aspecto semianimal, con cornos e patas de cabra e con unllas, eran sensuais e agresivos. A arte grega arcaica represéntaos barbados, exhibindo un falo enorme, con torso nu e peludo, patas e cola de cabalo. Praxíteles renovou a súa tipoloxía e presentounos como figuras adolescentes, tradición que seguiu a arte helenística.
-
s
m
[PSIC]
Home sexualmente morboso que intenta desafogar, de forma violenta ou anormal, os propios instintos luxuriosos.