saturación
(< lat saturatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de saturar ou saturarse.
-
s
f
[ECON]
Situación dos mercados cun forte exceso de oferta, normalmente temporal, dunha mercadoría e que indica sobreprodución.
-
s
f
[FÍS]
Estado de condución, nun dispositivo electrónico (tubo, transistor), que se caracteriza pola caída de tensión pequena e case constante, independentemente da corrente, que debe ser limitada por un circuíto exterior.
-
s
f
[FÍS/TECNOL]
Estado ou situación, nun amplificador, en que o sinal de saída é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada, polo feito de ser este moi superior ao previsto como normal polo aparato. Produce sempre distorsión na saída.
-
s
f
[FÍS]
Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.
-
s
f
[FILOS/MAT]
Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.
-
índice de saturación
[XEOL]
Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.
-
saturación magnética
[FÍS]
Estado en que se atopa unha substancia ferromagnética situada nun campo magnético elevado, caracterizado polo feito de que a indución magnética toma un valor máximo que é aproximadamente constante independentemente da intensidade do campo magnético.
-
zona de saturación
[XEOL]
Zona, nos terreos permeables, onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga e que, polo tanto, contén a capa freática.